36
Os traballadores de Alu Ibérica, na Coruña, retoman as mobilizacións. Este venres protagonizaron momentos de certa tensión coas forzas de seguridade ás portas da factoría ao atopar os accesos pechados. Ían reunirse en asemblea, porque din que están a punto de entrar nun colapso produtivo. O próximo xoves volverán saír á rúa, cunha caravana de protesta, para esixirlle ao Ministerio de Industria que interveña no proceso e aclare a súa situación xurídica tras a venda de Parter ao grupo Capital Riesgo.