Rematou este curso e xubílouse Carmen, unha persoa que leva traballando moitos anos no IES Maximino Romero de Lema de Baio, e o pasado xoves 26 de xuño, varios compañeiros e amigos compartiron con ela un xantar para despedila.
Cualificaro a Carmen coma unha persoa moi traballadora, comprometida, xenerosa, fiel….. e que coidou o Centro como a súa propia casa.
Desexáronlle a mellor, sorte e felicidade nesta nova etapa que emprendeu na súa vida para gozar dunha máis que merecida xubilación, e que non se esquenza que o Maximino sempre será a súa casa e eles a súa familia.
!Botarémoste moito de menos e sempre estaremos aquí para o que necesites¡, concluíron.