Traballadores temporais do servizo de incendios da Xunta manifestaranse este martes en Santiago

1 minutes read

Nun comunicado remitido aos medios afirman que debido ao abandono e a precariedade á que están sometidos Os TRABALLADORES DE INCENDIOS de 6 meses da Xunta de Galicia e os demais colectivos temporais: As dúas asociacións de defensa dos traballadores de incendios, ATRIFOGA (asociación de traballadores/as de incendios forestais de Galicia) e APROPIGA (Asociación Profesional de Bombeiros e BombeirasForestais de Galicia) vémonos na obrigación de CONVOCAR UNHA MANIFESTACIÓN este 25 de outubro onde defenderemos os nosos dereitos e solicitaremos unha mellora laboral.

Baixo o lema «DIGNIDADE LABORAL. TRABALLO ESTABLE TODO O ANO» queremos que todo o colectivo que compón o SPIF mobilícese contra a temporalidade e na defensa do traballo os 12 meses do ano, pola recuperación dos dereitos perdidos, pola cobertura de prazas e, en definitiva, polas melloras laborais e contra a precariedade que están a sufrir os/as bombeiros/as forestais, especialmente despois do verán máis duro dos últimos tempos. Esperamos unha gran afluencia de traballadores e achegados, e convidamos a que coñezades en primeira persoa os motivos da nosa loita, afirman.

A MANIFESTACIÓN dará comezo este martes 25 ás 11:00 horas diante da Dirección Xeral de Defensa do Monte e concluirá na Secretaría Xeral Técnica en San Caetano.