Traballos de acondicionamento nas zonas verdes e recreativas do rural muxián

1 minutes read
Concello de Muxía
  • Os traballos comezaron na zona de Quintáns e continuarán por Viseo, Caberta e O Castro, entre outros

O Concello de Muxía acomete estes días actuacións de adecuación e mellora de diversas zonas verdes e recreativas do rural. Nestas intervencións traballan dous equipos: un pertencente ao obradoiro de emprego e outro formado por operarios municipais.

Os traballos comezaron na zona de Quintáns e continuarán nas próximas xornadas en lugares como Viseo, Caberta e O Castro, entre outros. Nesta ocasión implantáronse por primeira vez elementos de xardinería (plantas ornamentais, árbores, podas e zonas verdes) que se suman ós labores de limpeza das zonas de empedrado, beirarrúas e aparellos de parques infantís. Tamén se ordenará o mobiliario urbano se é preciso.