Traballos de limpeza na ruta do Camiño dos Faros ao seu paso por Cabana

Concello de Cabana

  • O Concello financia unha nova actuación na senda co obxectivo de mantela nas mellores condicións posibles de cara a súa crecente afluencia

No municipio de Cabana iniciáronse nos últimos días novos traballos de limpeza e acondicionamento da ruta do Camiño dos Faros. O obxectivo é «manter a senda nas mellores condicións posibles para asegurar a seguridade dos camiñantes, cada vez máis frecuentes no traxecto», aseguran desde o Concello.

Estas tarefas inclúen a retirada da masa vexetal do percorrido e a roza xeral do seu entorno. Tamén se está a proceder á poda das árbores circundantes, á retirada das pólas e ó arranxo de treitos onde o pavimento presenta irregularidades.

O goberno local recorda o “crecente interese no Camiño dos Faros por parte de turistas nacionais e mesmo internacionais e a necesidade de colaboración entre as Administracións para manter o percorrido en óptimas condicións”.

Nos últimos meses o Concello tamén sufragou os traballos de reparación no Rego dos Muíños, ruta que forma parte do Camiño dos Faros. Estas intervencións foron necesarias para arranxar os numerosos estragos que causara a borrasca Karim ao seu paso pola Costa da Morte.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha