Traballos de limpeza no treito interurbano do río Sar, en Conxo

Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treito interurbano do río Sar, no concello de Santiago. Os traballos coinciden cun tramo deste río, de preto de 400 metros de lonxitude, no seu percorrido pola parroquia de Conxo. As tarefas que se realizan céntranse na retirada de árbores mortas e madeira caída sobre a canle, así como de madeira morta e atoamentos existentes. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas. Estas accións desenvólvense no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha