A Xunta inicia esta semana traballos de roza e limpeza nas marxes da estradas autonómicas ao paso polo concello de Santa Comba, pero tamén se complementarán nos de Noia, Muros e Barbadás. Estas actuacións, impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga, cun investimento de máis de 2,2 millóns de euros, para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que permitirán a roza mecánica de máis de 2.600 quilómetros lineais e actuar nunha superficie de máis de 188.500 metros cadrados de xeito manual.