As intervencións permiten dar continuidade ás tarefas iniciadas a pasada semana na estradas AC-110, no municipio coruñés das Somozas; e proseguir coas que se están a levar a cabo nas últimas semanas na autovía AG-59 en Teo; e na vía de altas prestacións VG-1.3, no seu percorrido polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada.
Ademais, retomaranse os traballos na vía de altas prestacións CG-2.1, nos municipios lucenses de Monforte de Lemos, Pantón e O Saviñao; e na estrada LU-751, en Meira e en Ribeira de Piquín.
A próxima semana seguirán tamén estas actuacións de limpeza na provincia de Ourense: na estrada OU-212 ao paso por Beariz, Avión, Leiro, Carballeda de Avia e Beade; na OU-504, OU-180 e OU-209 nos seus percorridos polos municipios do Carballiño, Maside e Leiro; na estrada OU-114, en Verín; na OU-903 en Castro Caldelas; na OU-403 e OU-402, ao paso polos municipios de Ribadavia, Castrelo de Miño e Ourense; e na OU-320, nos municipios de Allariz, Taboadela e San Cibrao das Viñas. Tamén se actuará en dúas rotondas da OU-536, na Rúa.
Tamén seguirán as rozas iniciadas nas últimas semanas nas estradas da provincia de Pontevedra: na AG-46, CG-4.1, VG-4.6 e VG-4.5, en Moaña e Cangas; na AG-51, en Salvaterra de Miño; na PO-331, no Porriño; e na estrada PO-504, na rotonda do Vinquiño, en Sanxenxo.