Traballos de roza e limpeza nas vías municipais de Vimianzo ante a chegada do verán

0 minutes read
  • Estes días actuouse en Bribes e A Toxa

O Concello de Vimianzo continúa coa execución do plan de limpeza, adecentamento e roza dos espazos públicos e vías de titularidade municipal de todo o territorio.

Os operarios municipais e persoal contratado grazas ao Programa de Emprego Local-PEL da Deputación da Coruña estiveron traballando en Bribes e A Toxa. Nos vindeiros días continuarán realizando estas tarefas en diferentes lugares do municipio.