Tradutores de todo o mundo poderán viaxar a Coruña para exportar obras en galego

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a escritora Yolanda Castaño presentarán o programa de residencias para tradutores e tradutoras de literatura galega. Foto: Moncho Fuentes / AGN

Trátase dunha iniciativa coa que se apoia aos tradutores literarios que traduzan unha obra orixinalmente escrita en galego a calquera lingua do mundo facilitándolles os medios para facelo desde Galicia. A iniciativa foi presentada polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a escritora e promotora de Residencia Literaria 1863 Yolanda Castaño.

‘Residencia Xacobeo’ facilita ao beneficiario a estadía para traballar e investigar na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico coruñés. Con esta iniciativa búscase contribuír á proxección exterior da literatura galega e tamén impulsar o proceso de tradución á cidadanía con accións abertas ao público.

O beneficiario aloxaranse na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico da Coruña que combina residencia con centro de xestión cultural. O programa incluirá o billete aéreo dende o país do tradutor e dietas para gastos básicos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha