A Dirección Xeral de Tráfico creou un vídeo informativo para dar a coñecer as normas que teñen que cumprir os usuarios dos vehículos de mobilidade persoal ( VMP) nos seus desprazamentos urbanos e facelo de forma segura. En 2020, rexistráronse 8 falecidos que viaxaban neste tipo de vehículos, 7 deles en vías urbanas e 1 en interurbana, estradas onde o seu uso está prohibido.
Para axudar a difundir e chegar aos usuarios finais deste medio de desprazamento, contouse coa colaboración dos principais provedores de vehículos compartidos de mobilidade persoal que se poden atopar nas cidades e coa Asociación Española de Economía Dixital (Adigital).
O vídeo será difundido polos principais provedores de VMP compartido, co obxectivo de que o cidadán que opte por desprazarse neste tipo de vehículo, visione o vídeo para coñecer a normativa básica pola que se rexe este novo medio de desprazamento urbano e os principais consellos de seguridade.
Á presentación do vídeo asistiron por parte da DXT, Pere Navarro, director xeral e Maria José Aparicio, subdirectora de Formación e Educación e por parte dos provedores de vehículos compartidos de mobilidade persoal, os responsables de Bird, Antonio Relaño; Lime, Arnau Perez; Superpedestrian, Manuel Ortiz; Bolt, Andrea Vota e Go TO, Luisana Zitzen.
Durante o encontro, os representantes empresariais han feito chegar ao Director, a preocupación que teñen pola seguridade e a aposta que están a facer en investigación, desenvolvemento e innovación, para mellorar os novos modelos que van poñendo en circulación e evitar, na medida que a tecnoloxía llo permite, os fallos humanos.