Tráfico está a denunciar cada día unha media de 120 condutores en Galicia por non respectar o estado de alarma. A esas denuncias hai que engadir as que efectúan outros corpos de seguridade, coma as diferentes policías locais. Só en Lugo, os gardas municipais multan a diario arredor dunha vintena de automobilistas nos distintos controis que realizan. A infracción máis común é circular nun vehículo sen un motivo xustificado. Así o fixo saber este xoves o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada. Outra infracción común á hora de circular nun vehículo é non respectar as distancias de seguridade entre os ocupantes. Tamén abundan as denuncias por non levar máscara en caso de viaxar varias persoas nun mesmo coche a falta doutras medidas de protección.
Tráfico impón unha media de 700 denuncias á semana en Galicia
Garda Civil controlando o tráfico nunha estrada