Este mércores arrincou a segunda fase da Operación Especial que a Dirección Xeral de Tráfico pon en marcha, ata a medianoite do próximo luns 18 de abril, con motivo da Semana Santa.
Trátase da fase máis importante desta Operación Especial en termos de volume xa que se esperan 8.460.103 desprazamentos, o que supón unha media de 1.410.103 desprazamentos diarios, un 2,01% con respecto aos datos reais de 2019.
A Semana Santa supón un dos períodos máis conflitivos do ano xa que nestas datas prodúcense multitude de desprazamentos nun curto espazo de tempo, con orixes e destinos similares e realizados nos mesmos días e horas polo que a Dirección Xeral de Tráfico pon ao dispor deste operativo a totalidade dos medios dos que dispón, entre os que se inclúen tanto os recursos humanos (axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, persoal funcionario dos Centros de Xestión de Tráfico, patrullas de helicópteros e persoal encargado do mantemento de equipos e da instalación de medidas na estrada), como os técnicos (780 radares fixos (92 deles de tramo) e 545 móbiles de control de velocidade, ademais dos 13 helicópteros, 39 drons, 216 cámaras e 15 furgonetas camufladas para controlar o uso de móbil e do cinto de seguridade).