Tráfico usará o velolaser na ponte de Rande ante a avalancha de infraccións

Estes días a Dirección Xeral de Tráfico xa comezou a utilizalo, pero só a modo de proba. Deste xeito, detectaron numerosas infraccións por riba da velocidade permitida. O 80 por cento dos coches que circulaban por este tramo da AP-9 superaban o límite de 80 quilómetros por hora. Ante tal situación, a decisión é situar o velolaser en varios puntos da ponte de Rande e a distintas horas do día.

O obxectivo é concienciar os condutores sobre a necesidade de reducir a velocidade. Por outra banda, entre o aeroporto de Peinador e a ponte de Rande existe outro radar de tramo que podería comezar a utilizarse tamén en sentido contrario.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha