Tráfico utilizará un camión camuflado para controlar infraccións perigosas en Galicia

1 minutes read

A Garda Civil de Tráfico de Galicia prestará especial vixilancia utilizando un camión camuflado, para detectar aquelas condutas que constitúan un grave risco para a seguridade nas vías públicas; centrando a atención nas estradas galegas sobre o uso do móbil, a non utilización do cinto de seguridade e os adiantamentos antirregulamentarios.
O obxectivo principal vai dirixido a previr, e desa forma reducir a sinistralidade derivada principalmente das distraccións na condución.
A posición elevada permitirá detectar mellor aos infractores que adoitan levar o móbil no seu colo e que non utilizan o cinto de seguridade.
A súa condución será exercida por un compoñente da Agrupación, sendo o seu labor observar posibles infraccións e comunicalas á patrulla de apoio.
A Agrupación de Tráfico da Garda Civil lembra a importancia de realizar unha condución segura, evitando todo tipo de distraccións que poidan supoñer un grave risco para a seguridade viaria.