Tramitadas máis de 20 denuncias por unha festa nun hotel de Sanxenxo

A Policía Local de Sanxenxo viuse obrigada a intervir unha festa de fin de ano que se estaba desenvolvendo nun establecemento hostaleiro (Hotel Augusta) de catro estrelas deste municipio, pechado perimetralmente para conter a propagación da covid-19. O xerente do local, que estaba en pre-aviso polas autoridades, enfróntase a infraccións moi graves que poderían superar os 15.000 euros de multa. Nos accesos ao local os axentes pararon a unha vintena de vehículos con ocupantes procedentes de lugares de Galicia tan dispares como Muxía, Vigo, Ourense, Lugo ou O Barco de Valdeorras. O Concello de Sanxenxo lembrou nun comunicado de prensa a importancia de ser «contundente» con este tipo de prácticas. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha