Tramitado o pago do bono social térmico e eléctrico na comarca da Coruña

1 minutes read

O bono social térmico é un programa de concesión de axudas directas para compensar os gastos económicos dos consumidores máis vulnerables polo uso de calefacción, auga quente ou cociña. Os beneficiarios son os mesmos que os que teñen concedido o bono social eléctrico a 31 de decembro de 2019 e o importe a ingresar depende tanto da vulnerabilidade da familia como da zona climática na que estea a vivenda. No caso de Galicia oscila entre os 49,84 e os 123,94 euros.

A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Inega, está distribuíndo este bono transferido polo Ministerio para la Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Bono eléctrico

Galicia foi a primeira comunidade en ofrecer axudas complementarias, e así, a Xunta cobre o 50% do pagamento da factura eléctrica dos consumidores vulnerables severos e garante ao mesmo tempo que non van sufrir ningún corte no servizo.

Este complemento, cunha contía máxima anual de 300 ou 450 euros -no caso de familias numerosas. Esta axuda compleméntase co protocolo de colaboración asinado coas comercializadoras de referencia para evitar o corte de subministración entre os consumidores más vulnerables.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou as instalacións da Cruz Vermella na Coruña, onde informou que “1.017 persoas recibiron axudas do bono eléctrico e 11.989 persoas foron beneficiadas polo bono térmico. En moitos casos un mesmo beneficiario recibe ambas axudas”.