- O servizo, que cumprirá catro anos en marzo, xa tramitou máis de 50.000 documentos
A Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional, con sede na planta baixa da Casa do Concello de Carballo, tramitou o ano pasado un total de 11.855 documentos, un 17% menos que no 2019.
Malia o peche da oficina durante o mes de abril, só se tramitaron 813 carnés de identidade menos que o ano anterior; e produciuse un descenso na tramitación de pasaportes pola caída das viaxes, pasando de 2.857 a 1.252.
A media mensual no 2019 superaba os 1.000 documentos, pero o ano pasado reduciuse ata os 883 debido á redución drástica da actividade durante o estado de alarma. En marzo aínda tramitáronse 606 documentos (482 DNI e 124 pasaportes) e en maio tan só 48 DNI. A actividade empezou a remontar en xuño, con 921 documentos.
O servizo cumprirá catro anos o 20 de marzo, e dende a súa posta en marcha mantén unha actividade moi elevada. Entre o 20 de marzo do 2017 e o 31 de decembro do 2020 foron tramitados máis de 50.000 documentos.
A maior parte das persoas que utilizan o servizo son veciños e veciñas da comarca de Bergantiños, pero a oficina de Carballo xa é un punto de referencia a nivel supracomarcal.