Trampa legal no envío de propaganda electoral

A finais de setembro, no artigo: Outra campaña, outro malgasto, advertiamos do enorme gasto tanto económico como ecolóxico, que o envío masivo e desproporcionado de propaganda electoral conleva. Ao mesmo tempo indicabamos a posibilidade e maneira de ser excluído do censo electoral, que os partidos políticos utilizan para estes envíos.

Pois ben, a pesar de existir un bo número de cidadáns que optaron polo seu dereito para ser excluídos deste censo, evitando así a recepción da devandita publicidade e papeletas, continúan recibíndoa. Partidos como Vox, Unidas Podemos, En Comú Podem, Partido Rexionalista Cántabro (PRC) ó Bloque Nacionalista Galego (BNG) son os que continúan con estes, pouco éticos modos.

A trampa legal utilizada consiste no envío das cartas dos partidos co epígrafe: Residentes en… Desta maneira, o imaxinario José Rodríguez García, residente na tamén ficticia Av de Buenos Aires, 57, 3ºA, de digamos, Santiago de Compostela: cidadán, maior de idade, quen á súa vez, solicitou en tempo e forma a exclusión do devandito censo electoral, para evitar recibir propaganda electoral, pois, polo que sexa (está no seu perfecto dereito), non a desexa, continua recibíndoa. Iso si, a nome de Residentes en Av Buenos Aires, 35, 3ºA, Santiago de Compostela.

Inxusto, si, desmedido, tamén, pero perfecta e lamentablemente: legal.

A xunta Electoral Central, por mor da consulta dun partido político, determinou o 9 de outubro que o envío de propaganda electoral mediante o chamado buzoneo, non incumpre a lei electoral, debido a que dita publicidade, non utiliza ningún tipo de identificación do destinatario e os partidos non empregan os datos persoais dos electores. Co que, ademais, o dereito de oposición do cidadán non se ve afectado. E así, con este ardid, o cidadán que pretendía estar libre de propaganda, non o consegue. E non é a primeira vez que sucede. En anteriores citas electorais esta “truque” xa fora utilizada.

Cabe destacar que, ao 7 de outubro de 2019, data límite para solicitar a exclusión no devandito censo, 810.367 persoas, o solicitaran. Dato, que fai aínda máis rechamante, que determinados partidos políticos pasen por alto a vontade dun numeroso grupo de xente e empreguen esta argucia, máis propia de raparigo traveso que de xente seria, con aspiracións de goberno ou de ser copartícipe de goberno.

Pouco rédito político podemos prever a quen isto realiza. Conseguindo unicamente o aumento do hartazgo e do enfado cara á clase política, focalizándoo, ademais, nestes “ salteadores de dereitos”. Outro motivo máis para castigar nas urnas, e van uns cuantos. Esperemos lean e tomen boa nota, corrixindo o erro. Pois, simplemente, non se pode consentir.

ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha