Transportan droga oculta entre plátanos nun contedor ata o porto de Marín

Dous alixos incautados, ocultos en senllos contedores, suman 830 kilos de cocaína incautados no porto de Marín,

O último, de 663 kg, ía nun cargamento legal de plátanos procedente de América do Sur. Descubriuse grazas á cooperación internacional entre os axentes da Garda Civil do ECO Galicia, e a Unidade Central Operativa de Madrid, con organismos dedicados á represión do tráfico de cocaína.

Igual que ocorreu co alixo de 170 quilos de cocaína do luns pasado, utilizouse o método do gancho cego. Nestes casos, nin a empresa que transporta o contedor nin os donos da carga legal saben da súa existencia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha