Trapero, cesado como xefe dos Mossos d’Esquadra

Govern cesou o maior Josep Lluís Trapero como xefe dos Mossos d’Esquadra e acordou substituílo á fronte da policía catalá por Josep Maria Ronsel, que será o novo comisario xefe. O conselleiro do Interior, Joan Ignasi Elena, fixo un recoñecemento ao labor levado a cabo por Trapero durante todos os anos que permaneceu á fronte da policía catalá e expresou a súa vontade de seguir contando coa súa experiencia «en beneficio da seguridade pública» do país, segundo detallou nun comunicado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha