Tras 14 anos no poder, Evo Morales dimite

0 minutes read

O presidente de Bolivia, Evo Morales, confirmou que renuncia á Presidencia despois de case 14 anos no poder, nun vídeo desde algún lugar do país. O vicepresidente de Bolivia, Álvaro García Linera, dimitiu tamén do seu cargo, logo de que o mandatario do país, Evo Morales, renunciase como xefe de Estado. Morales e Linera apareceron xuntos por sorpresa nun vídeo no que tamén fan un chamado á pacificación do país.