38
España traballa xa para garantir o bo desenvolvemento da COP25. Dispón de tan só un mes para facer fronte ao desafío loxístico que supón acoller a gran cita anual para loitar contra o cambio climático. Este venres, Nacións Unidas anunciaba a nova sede do evento, dous días despois de que Chile renunciase a facelo e España se ofrecese como alternativa.