Tras a renuncia de Luis Enrique, Robert Moreno é o novo seleccionador de fútbol


  • Unha filla do preparador asturiano está a atravesar por unha longa enfermidade da que está a ser tratada en Estados Unidos

Luis Enrique deixa a selección española. Un grave problema familiar obriga o asturiano a renunciar ao posto. Robert Moreno ocupará o seu lugar. Rubiales dixo este mércores que Luis Enrique sempre terá as portas abertas. “Non temos o máis mínimo reproche. Ao contrario. Aprendemos moito del. Estivemos moi unidos con el e o seguimos estando. Fai un cacho que falei con el e transmitinlle que sempre vai ter as portas da federación e da selección abertas”.

Robert Moreno, selecciónador español de fútbol: “É un día agridoce, máis agre que doce. Sempre pensei en ser adestrador algún día, pero non esperaba que fose deste xeito”. Moreno terá que ser o encargado de levar a selección ata a Eurocopa do ano que vén.