30
Rematou unha fin de semana na que continuaron as vacinacións nos grandes recintos das sete áreas sanitarias de Galicia. Con 245.000 doses para administrar no país entre o luns e este domingo, acádase un novo record de inxeccións por semana. Esta semana que comeza non se van recibir doses de AstraZeneca, polo que o Sergas dispensará maioritariamente Pfizer e Moderna. Galicia vacinará unhas 185 mil persoas, 60 mil menos que a semana pasada. O Sergas vai citar os afectados nos seus centros de saúde para os vindeiros días.