Tras as vacinacións masivas da fin de semana, chegan 185.000 doses máis


Rematou unha fin de semana na que continuaron as vacinacións nos grandes recintos das sete áreas sanitarias de Galicia. Con 245.000 doses para administrar no país entre o luns e este domingo, acádase un novo record de inxeccións por semana. Esta semana que comeza non se van recibir doses de AstraZeneca, polo que o Sergas dispensará maioritariamente Pfizer e Moderna. Galicia vacinará unhas 185 mil persoas, 60 mil menos que a semana pasada. O Sergas vai citar os afectados nos seus centros de saúde para os vindeiros días.