Tras o avance, cambian as prioridades de vacinación en Galicia

0 minutes read

Ata o de agora a prioridade de vacinación en Galicia estaba centrada nos maiores de 80 anos. Tras o avance na vacinación deste tramo de idade, Sanidade centrará as súas prioridades noutro grupo, trátase de 360.000 persoas de alto risco: os pacientes con cancro, en terapia de diálese, transplantados ou inmunodeprimidos e tamén están neste grupo os maiores de 40 anos coa síndrome de Down. Comezarán a recibir as súas doses nas próximas semanas, xunto cos maiores que teñan entre 70 e 79 anos.