Trasladada a planta a muller agredida pola súa parella en Carballo

dpm.

A muller de 43 anos agredida o pasado 30 de maio, supostamente pola súa parella en Carballo, evoluciona favorablemente e pasou a planta despois de permanecer nove días na UCI. Así o informaron este mércores fontes sanitarias, que sinalaron que a muller agredida “evoluciona favorablemente” e está ingresada en planta no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC). Pola súa banda, os dous fillos menores de idade da parella permanecen baixo custodia dun familiar directo da vítima. O presunto agresor está en prisión comunicada e sen fianza.