Trasladada en helicóptero unha muller que foi reanimada na praia de Baldaio

Helicóptero medicalizado

Unha muller que avistaron flotando na auga, na praia de Pedra do Sal, en Baldaio, Carballo, foi evacuada en helicóptero polos servizos sanitarios de urxencia.

A escasos minutos das 19:00 horas deste domingo, un particular informaba ao 112 Galicia dunha persoa flotando na auga. Nese intre, outro particular indicaba que as persoas que se atopaban na praia conseguiran levala á area e reanimala.

De inmediato, desde o 112 púxose en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias que mobilizou un helicóptero ao punto. Ademais, os xestores do 112 alertaron aos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Tamén informaron ao Servizo de Salvamento Marítimo e ao Servizo de Garda Costas de Galicia.

Persoal sanitario confirmou o traslado da muller no helicóptero ao CHUAC.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha