Trasladada unha persoa tras arder parte da cociña da súa vivenda en Culleredo

Bombeiros Arteixo.

  • As lapas queimaron unha campá extractora e un moble.

Unha persoa tivo que se trasladada a un centro sanitario con queimaduras e intoxicación por inhalación de fume tras rexistrarse un incendio na cociña da súa vivenda, no concello de Culleredo.

Segundo informa o 112, varios particulares alertaron do lume e os bombeiros de Arteixo lograron sufocalo. As lapas queimaron unha campá extractora e un moble.

No operativo despregado, na rúa Celso Emilio Ferreiro, tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Culleredo.

Related posts

Un colombiano acepta cinco anos de cadea por intentar matar o seu compañeiro de piso en Santa Comba

A Deputación da Coruña apoia á Agrupación de Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 € para material

A Deputación da Coruña dota de novos vehículos a seis entidades sociais da provincia