Trasladado ata A Coruña o sospeitoso do asasinato de Mónica Marcos


O home foi enviado ao cuartel de Lonzas para prestar declaración ante a Policía, e nas próximas horas pasará a disposición xudicial. A investigación policial avanza e sóubose que Mónica Marcos non morreu na madrugada do xoves, senón ao longo da xornada do mércores. A súa parella aproveitou esas horas para ir a Madrid en avión, pero a Policía, que xa lle seguía a pista, arrestouno no hostal onde ía pasar a noite. Cando se rexistrou co seu DNI, a detención foi practicamente inmediata. O hostal ten case todos os cuartos compartidos. Así que o arresto tivo múltiples testemuñas. O home, din, non opuxo resistencia. Finalmente pasou a noite nas dependencias da Policía Nacional, este venres pola tarde foi trasladado nun furgón policial ata A Coruña.