Trasladado de urxencia tras unha liorta nun bar dunha parroquia de Carballo

Preto das 9 da noite deste venres unha persoa resultou ferida de gravidade tras unha trifulca que tivo lugar entre varios clientes ubicados nun coñecido bar da carballesa parroquia de Entrecruces.

Un particular deu a voz de alarma e ao punto dirixiuse de inmediato unha ambulancia do 061 que trasladou ao ferido ao PAC da localidade. Tamén acudiron a Policía Local e a Garda Civil de Carballo, que instruen dilixencias para tratar de esclarecer o sucedido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha