Un home resultou ferido despois de sufrir un accidente coa máquina agrícola que manexaba mentres facía traballos nunha finca particular.
O accidente ocorreu sobre as 16:30 horas deste venres, cando os servizos sanitarios de urxencia comunicaron ao 112 Galicia a saída do helicóptero con base en Santiago cara Muxía para evacuar a un home accidentado cunha máquina agrícola, en Coucieiro.
Para prestar apoio á aeronave, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos, os xestores do 112 solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil. Tamén os Bombeiros de Cee, nada mais ser informados, desprazáronse ao punto, aínda que non tiveron que facer uso do material de excarceración.
Finalmente, o ferido foi evacuado na aeronave ao Hospital de Cee.