Trasladado en helicóptero tras ser alcanzado por unha máquina agrícola en Abegondo

O 112 Galicia recibiu pasados uns minutos das 16:00 horas deste luns, a chamada dun particular solicitando asistencia médica para un home que fora alcanzado por unha rozadoira. Nun principio, o informante indicaba que a persoa estaba caída nunhas silvas e o condutor non o viu cando pasou por elas. O suceso tivo lugar na parroquia de Vizoño, en Abegondo.

Axiña, desde o 112 Galicia procedeuse a avisar a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron a aeronave médica con base en Santiago ata o lugar do suceso e o seu posterior traslado ao centro hospitalario de referencia. Tamén participaron neste operativo os bombeiros de Ordes e os axentes da Garda Civil.

Foron estes últimos os que indicaron, unha vez o ferido xa fora trasladado, que finalmente o home non estaba tirado nas silvas no momento do accidente, senón que o condutor deu marcha atrás co vehículo e non viu á persoa, o que fixo que fora alcanzada pola máquina.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha