Trasladado en helicóptero un peregrino tras sufrir un ictus en Muxía

1 minutes read

Un home de 64 anos, foi trasladado nun helicóptero medicalizado este sábado despois de caer da bicicleta que manexaba no lugar de Merexo, en Muxía, nun tramo do Camiño de Santiago.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dunha persoa particular e, enseguida, púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata unha zona próxima un equipo médico a bordo da aeronave.

Suponse que esta persoa, natural de Huelva, estaba a realizar o tramo do Camiño de Fisterra a Muxía. O rápido aviso da incidencia por parte duns compañeiros puido haber sido vital para que este home fose evacuado con vida do lugar.

Ademais, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, que prestaron apoio aos efectivos sanitarios do helicóptero medicalizado.