Trasladado un matrimonio tras producirse un incendio na cociña da súa vivenda en Fisterra

1 minutes read

A parella foi trasladada polos servizos sanitarios ao Hospital Virxe da Xunqueira, en Cee. O CIAE-112 Galicia tivo constancia do suceso pasados uns minutos das 13:30 horas. Foron as chamadas de diversos particulares os que informaban de que estaban vendo como saía fume dun edificio na Rúa San Roque, en Fisterra.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse de xeito inmediato a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Cee, aos membros da Garda Civil, á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Fisterra.

Así, tras dar por rematada a extinción do lume, os Bombeiros indicaban que ardeu unha tixola e a campá extractora, e por conseguinte, causáronse estragos en toda a cociña.

Con todo, os servizos sanitarios, confirmaban o traslado do matrimonio a causa da inhalación de fume.