O suceso aconteceu uns minutos antes das 17:30 horas. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, unha persoa caera por un acantilado cunha moto na zona de Pedra do Sal, en Baldaio, sen máis vehículos involucrados.
Atopándose nunha zona de difícil acceso o axente ferido, foi preciso mobilizar o helicóptero Pesca II de Salvamento Marítimo, o cal o trasladou ata o aeroporto, onde sería evacuado en ambulancia.
Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Carballo, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo.