Trasladada unha muller con síntomas de intoxicación despois de producirse un incendio na cociña da súa vivenda en Narón

Imagen de una ambulancia del 061

  • O lume orixinouse na vitrocerámica e tan só ardeu a campá extractora

Unha muller tivo que ser trasladada este mediodía polos servizos sanitarios con síntomas de intoxicación debido á inhalación do fume provocado por un incendio orixinado na cociña da súa vivenda, situada na Rúa Reyes Católicos, en Xubia, Narón.

Segundo a información facilitada polos Bombeiros de Narón, que acudiron ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia tan só ardeu a campá extractora.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso, ao fío das 14:00 horas, grazas á chamada dun particular que indicaba que lle estaba ardendo a campá extractora por un lume que se iniciara na vitrocerámica.

Ata o lugar dos feitos achegáronse os Bombeiros e a Policía Local e comprobaron que eran necesarios os servizos sanitarios para atender a unha muller que presentaba síntomas de intoxicación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha