Trasladan ao ano próximo o festival Altamira Brilla


Despois dun primeiro cambio de data pola situación climatolóxica, finalmente a organización decidiu trasladar a festa Altamira Brilla polos altos datos da covid dos últimos días na comarca de Compostela. A Deputación da Coruña xunto cos concellos de Ames e Brión que estaban a organizar a que ía ser a primeira festa histórica da comarca, decidiron cancelar a celebración para a que xa comezan a traballar con vistas á primavera de 2021. A festa ía ser a primeira conmemoración histórica da comarca que lembraría a gran batalla que se desenvolveu ao pé das Torres de Altamira o día 13 de xuño de 1471. O ano que vén a celebración coincidirá co 550 aniversario do feito histórico, referencia que a organización tiña desde o inicio para afortalar este novo evento cultural, festivo e patrimonial da comarca de Compostela.