Trasladan unha persoa ao CHUAC tras un incendio nunha vivenda da Coruña

Emergencias 112

  • Sucedeu na rúa Colombia arredor das nove da mañá deste xoves

Dúas persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume na cidade da Coruña tras orixinarse un incendio nunha vivenda situada nun edificio da rúa Colombia. Unha das vítimas foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña-CHUAC. Sucedeu arredor das nove da mañá deste xoves.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia alertando de que vía saír fume pola porta dun dos pisos do bloque. Decontado se puxo a situación en coñecemento dos servizos sanitarios, dos axentes da Policía Local, Protección Civil e os Bombeiros da Coruña, confirmando estes últimos que ardera roupa acumulada nunha habitación.