Trasufre honrou á “Santiña”


  • A santa é unha figura de 1 metro de alto de madeira policromada cuxo orixe data de finais do século XVIII, do mesmo xeito que o santuario existente construído polo párroco de Coucieiro en 1785.

Cada 21 de setembro celébrase en Trasufre-Muxía unha das romarías máis concorridas e de máis devotos de toda A Costa da Morte e a tranquila poboación convértese nun fervedoiro de fieis chegados de todos os puntos da comarca. Celébrase na honra a Nosa Señora do Espiño (Virxe do Espiño), tamén coñecida como A Santiña de Trasufre. Esta santa ten a fama de curar verrugas e así os romeiros lávanse e sécanse cun pano na coñecida como Fonte Santa e despois déixano secar sobre A Silveira da Santa. Tamén se deixan esmolas, produtos da terra e figuras de cera que se ofrecen á Santiña. Este ano a afluencia de público foi mínima, polas condicións sanitarias que nos toca vivir, pero a devoción non decae e a “Santiña” seguro que nos guiará para volver á normalidade no 2021.