Un home asasinou este mércores á súa muller de 59 anos na parroquía de Mañufe en Gondomar, e posteriormente tratou de quitarse a vida. Ao parecer o suposto homicida acabou coa vida da muller cunha arma branca. Posteriormente saíu da casa, parou un vehículo e díxolle ao condutor que matara á muller e que el estaba morrendo tras cortarse as veas. Axentes da Garda Civil acudiron ao lugar, entraron na casa e localizaron á muller, S.R.V., morta, con feridas de arma branca. Na casa estaba tamén V.A.B., suposto agresor, coas veas cortadas e semiinsconsciente, polo que foi evacuado en ambulancia ao Hospital Povisa de Vigo. A Garda Civil montou un operativo no lugar para tratar de esclarecer o sucedido. A parella tiña dous fillos, un deles dependente. Polo momento, segundo o resultado das pescudas, non se comprobou que haxa antecedentes por violencia de xénero na parella.
41