46
As forzas e corpos de seguridade están a esforzarse na procura dun turismo Wolsvagen Golf de cor vermella e do seu condutor, presuntamente implicado nun atropelo na Laracha. O suceso tivo lugar preto das sete da tarde deste martes nunha zona próxima a gasolineira, tras o accidente o vehículo deuse á fuga, deixando atrás a persoa ferida.