Madrugada movida a deste martes para as forzas da orde. Á primeira hora persoas descoñecidas subtraeron diverso material da obra que se está realizando na contorna ao parque comercial A Revolta. Os presuntos autores, segundo as testemuñas que deron a voz de alarma actuaron axudados por un quad. Minutos máis tarde varias persoas a bordo dun Seat León esnaquizaron o escaparate do estanco Barca no centro de Coristanco e subtraeron mercadoría do interior. A cousa non quedou aí e probablemente os mesmos individuos romperon o cristal do escaparate dunha pizzería situada no centro Comercial Bergantiños, onde forzaron a máquina comecartos para levar o diñeiro que contiña. Aí o vixiante de seguridade chegou ao momento e deu a voz de alarma ás forzas da orde, pero os presuntos ladróns xa estaban á carreira e a bordo dun vehículo déronse á fuga. Debido á presión policial abandonaron o coche e parte do botín. A Garda Civil investiga o ocorrido e a posible relación entre os tres sucesos.
45