Tratan de localizar o home que apuñalou a outro en Carballo

1 minutes read

A Policía Xudicial da Garda Civil trata de localizar o home que, segundo varias testemuñas, apuñalou un veciño de Berdillo a altura do número 25 da rúa Fomento en Carballo. A vítima recibiu dúas coiteladas nun pulmón, pero a súa vida está fóra de perigo.

Non transcenderon as causas da lea. Si confirmaron varias testemuñas que os dous homes se encararon ás portas dunha discoteca. Un deles sacou unha navalla e asestoulle dúas coiteladas ao outro.

Un amigo auxiliou o home acoitelado agardando a chegada dos servizos sanitarios e das forzas de seguridade, mentras o agresor fuxiu a pé. A vítima segue ingresada no hospital, xa fóra de perigo. Nos comercios da zona, os veciños, afirman que as liortas son habituais na zona centro, onde a falta de presenza policial é evidente.