Traxedia mortal nunha planta química de Alemaña

1 minutes read

Polo menos un morto e catro desaparecidos nunha explosión nunha planta de tratamento de resíduos da cidade alemá de Leverkusen, no oeste do país. Outros 16 traballadores resultaron feridos, catro deles de gravidade. Unha xigantesca nube de fume alzouse sobre varios quilómetros á redonda e obrigou a cortar rúas e tramos de autoestrada. As autoridades cominaron á poboación para pechar portas e xanelas, e quedar nas súas casas ou lugares de traballo.

Polo momento non están claras as causas da explosión no parque químico de Chempark, un dos maiores de Europa. A compañía Currenta explicou que a explosión ocorreu nos tanques de almacenamento e logo converteuse nun incendio. Os bombeiros tardaron case catro horas en extinguir o lume. Proseguen as tarefas de procura dos catro desaparecidos e realízanse medicións do aire para determinar o grao de contaminación.