Trazo | Traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Tambre

Augas de Galicia, está a executar actuacións de limpeza de conservación no tramo interurbano do río Tambre, no municipio de Trazo.
Estes traballos de mantemento e conservación están a desenvolverse ao paso deste río pola contorna da praia fluvial e recreativa de Chaián, na parroquia de Santa María de Chaián.
As actuacións que se están a levar a cabo céntranse na retirada de árbores e pólas caídas e madeira morta na canle. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento de Augas de Galicia, de conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-centro e as súas zonas de acceso e protección.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha