Dous trens da liña de Media Distancia que une Málaga e Sevilla chocaron lateralmente a última hora deste sábado na estación do Chorro-Caminito del Rey, na localidade malagueña de Álora. Renfe e Adif inciaron dúas investigacións independentes para esclarecer as causas do accidente, pero apuntan a que podería ser un erro humano aínda por determinar, segundo os informes preliminares dos operadores. Ademais, realizaron controis de alcoholemia aos maquinistas dos dous trens implicados, con resultado negativo en ambos os casos, e, polo momento, descartaron fallos na vía e nos convois relacionados con esta incidencia. Os trece afectados, sufriron lesións leves, polo que foron atendidos polos servizos sanitarios. Dous de eles foron trasladados ao hospital Valle del Guadalhorce. Os servizos de emerxencia tamén asistiron no lugar do accidente a varios pasaxeiros con crises nerviosas.
35