Tremor de 3,1 graos en Calvos de Randín

Ás 16.10 horas deste martes tivo lugar un tremor de terra con epicentro no municipio ourensán de Calvos de Randín. O terremoto, de 3,1 de magnitude, produciuse no leste do concello situado na fronteira de Galicia con Portugal. Trátase do quinto sismo en pouco máis de 48 horas na provincia de Ourense. O último tivo o seu epicentro en Riós, outro concello do sur ourensán, aínda que a magnitude foi de 1,8; case a metade que o captado en Calvos. Con todo, o 112 sinala na súa conta de Twitter que, polo momento, a súa central non recibiu ningunha chamada alertando de posibles incidencias na zona deste terremoto de Calvos de Randín.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha