Tremor de 3,7 graos en Sarria despois das catro e media da tarde deste venres

1 minutes read

Un terremoto de magnitude 3,7 con epicentro en Sarria deixouse sentir na tarde deste venres en varios municipios da provincia, de Lugo incluída a capital ou Monforte. Tamén noutros puntos de Galicia, como Santiago de Compostela, Ferrol ou A Coruña.

Atendendo aos datos do Instituto Xeográfico Nacional, o tremor rexistrouse ás 16.39 horas. A partir dese momento moitos cidadáns comezaron a compartir os seus testemuños a través das redes sociais.

Un mapa do Instituto Xeográfico Nacional reflicte os puntos desde os que se informou de que se notou o sismo.

Na zona de Sarria, algúns veciños aseguraron que este foi o tremor máis forte dos últimos anos.